Tuesday 07 de May de 2024

‘O galego na Onda’ volve a grabar en Ordes


Os estudios de Radio Ordes acolleron unha xornada de traballo moi especial. Coa presenza e asesoramento do actor Rubén Riós procedeuse coa grabación do programa de radio elaborado polo grupo de estudantes de ESO da comarca que resultaron gañadores do concurso de cuñas ‘O Galego na Onda’. Trátase dunha iniciativa levada a cabo pola Xunta de Galicia en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Manconunidade de Ordes. Con elo preténdeses fomentar o uso do idioma galego entre a poboación máis nova, á par que se incide na súa presenza nos medios de comunicación. O programa será emitido en breve por canles de comunicación autonómica, ademais de pola emisora local do municipio ordense.